miércoles, 9 de febrero de 2022

O XADREZ E OS BEE-BOT

  O XADREZ E OS BEE-BOT


Comezamos o terceiro trimestre cun reto para o noso alumnado de cuarto: teñen que grabar un vídeo explicando os movementos das pezas do axedrez co robot bee-boot.

En grupos de cinco teñen que realizar todo o proceso: elaboración de guión, material para a grabación e grabar o vídeo.

Os deixamos unhas fotos e os arquivos que empregamos para axudar o alumnado a realizar o proceso.











https://www.ajedrezalaescuela.eu/ajedrez-y-robotica-bee-bot/

SCRATCH


SCRATCH

 Scratch é unha linguaxe de programación creado polo MIT e especialmente deseñado para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.

https://scratch.mit.edu/

Na biblioteca temos as tarxetas de Scratch para que o alumnado que se anime comece a programar con este linguaxe de bloques

En cuarto comezamos a traballar con este programa.







OS NOSOS ROBOTS

OS BEE-BOT


No centro temos unhas abelliñas, os Bee-BOT, para poder traballar a programación desde os niveis máis baixo.

Os Bee-BOT nos sirven para aprender matemáticas, programación, secuencias, resolución de problemas e por suposto divertirse. As nenas e os nenos a través da súa interacción con  Bee-BOT poden desenvolver os conceptos espacias básicos.

Con paneis os alumnos realizan diversas actividades e experientan con eles


BOTLEY



Botley involucra a nenos nunha forma básica de codificación utilizando codificación e lóxica de pasos. Fomentar as habilidades de programación temperá desenvolverá o pensamento crítico e a resolución de problemas nos novos estudantes Os nenos poden programar facilmente a Botley para realizar unha variedade de accións:
  • Avanzar (un paso á vez)
  • Vire á esquerda
  • Vire á dereita
  • Marcha atrás (un paso á vez)
  • Detectar obxecto
  • Evitar obxecto
  • Facer un son
  • Bucle, para repetir un paso ou secuenci
Os nenos poden programar ata 80 pasos nunha secuencia
Idade recomendada a partir de 5 anos.





A HORA DO CÓDIGO

A HORA DO CÓDIGO


Code.org é unha iniciativa para aprender a programar desde nenos con bloques en que estes se poden rexistrar directamente ou cun profesor. Esta iniciativa busca difundir a programación entre os rapaces.
Hai cursos para todas as idades a partir de 3 anos, aínda que dependendo das habilidades de cada alumno. Os adultos tamén se poden iniciar na aprendizaxe de programación
Code. org conta con varios titoriais e cursos por idades para que os nenos e adultos iníciense nas bases da programación. Hai xogos en inglés e español para iso, como
Minecraf ou Angry Bird
Nos cursos de Code. org apréndese programación, aínda que tamén outras habilidades como as espaciais, matemáticas, artísticas e máis. Os diversos cursos ensinan as regras de código e fórmulas para poder expresar ideas con esta linguaxe

As mestras de 4º de primaria do centro se animaron a facer un curso co seu alumnado polo que fixeron unha conta para o seu alumnado e realizamos un dos cursos que eleximos https://code.org/

Aquí tedes un exemplo dos cuadernillos que empregamos para que apuntarán as dúbidas e os diferentes apuntes que daba o profesorado