jueves, 25 de abril de 2024

FUNCIÓNS DO F1 AO F12

 Deixmos un enlace dun artigo moi interesante onde podedes encontrar para que sirven os as diferentes teclas do F1 ao F12


https://www.xataka.com/basics/del-f1-al-f12-para-que-sirven-las-teclas-de-funcion-en-windows-y-tu-navegador





jueves, 14 de marzo de 2024

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

A intelixencia artificial converteuse nunha parte fundamental da nosa vida cotiá. Desde os algoritmos que nos recomendan películas en plataformas de streaming ata os sistemas de navegación nos automóbiles, a intelixencia artificial está presente en moitos aspectos da nosa vida.


É crucial que as persoas comprendan a importancia da intelixencia artificial e as posibilidades que ofrece, así como os perigos que conleva o seu uso. Por unha banda, a intelixencia artificial pode axudarnos a manexar grandes cantidades de información de maneira eficiente, optimizar procesos e ofrecer solucións innovadoras a problemas complexos.


Doutra banda, existen preocupacións sobre o impacto da intelixencia artificial no emprego, a privacidade dos datos e a toma de decisións éticas. É importante que esteamos informados e preparados para abordar estes desafíos de maneira responsable.


Ademais, coñecer a intelixencia artificial permítenos aproveitar ao máximo os seus beneficios e contribuír de maneira activa ao seu desenvolvemento e regulación. Debemos estar ao tanto das últimas tendencias neste campo e participar no debate público sobre as súas implicacións éticas e sociais.


En resumo, a intelixencia artificial é unha ferramenta poderosa que pode transformar a nosa sociedade en moitos aspectos. É fundamental que todos teñamos un coñecemento básico sobre esta tecnoloxía para non só beneficiarnos das súas vantaxes, senón tamén para minimizar os seus posibles riscos e garantir un uso ético e responsable. Non te quedes atrás, empeza a informarche sobre a intelixencia artificial hoxe mesmo!


E é tan importante como o texto anterior foi escrito por unha intelixencia artificial.

Na actualidade é fundamental debatir co noso alumnado o emprego da intelixencia artificial, a través de esta actividade en DigiCraft poderedes prácticar coa intelixencia artificial e debatir a importancia da existencia da rede de diversas información fialbles e non fiables.

https://digicraft.fundacionvodafone.es/actividades/chateando_con_una_ia_descubre_chatgpt



jueves, 7 de marzo de 2024

OBRADOIROS DO AMOR

 Este curso para celebrar o día dos namorados realizamos varios obradoiros.

O primeiro deles foi o de escritura creativa onde os nenos puideron realizar a súa tarxeta para conmemorar o día de San Valentín.

Tamén realizamos figuras de corazón co lápiza 3D.





XADREZ

Este ano volvemos a aprender a xogar ao xadrez na Biblioteca Creativa e, ao igual que o ano pasado nos axudan os nosos robots.
Este ano tamén contamos un conto moi divertido para que os máis pequenos aprendan a saber como se moven as pezas.











domingo, 3 de marzo de 2024

VOLCÁN EXPLOSIVO

 Aos cativos de infantil gústalles experimentar. Este volcán percorreu as nosas aulas para conmemorar o día da ciencia e para que a ciencia sexa protagonista de moitos máis días






miércoles, 21 de febrero de 2024

ENTROIDO CREATIVO

 Volvemos a disfrazar os nosos robots polo entroido na Biblioteca Creativa. Os nenos e nenas desenvolven a súa creatividade e o pasan moi ben creando diferentes deseños.








martes, 21 de noviembre de 2023

PARTICIPA NOS RETOS DOS POLOS CREATIVOS DE NADAL

Este ano comezamos cos RETOS dos POLOS CREATIVOS. 

Desde este equipo animamos a todos a participar neles.

Este ano polo Nadal os animamos a facer un postal de Nadal con luces led, difrazar os nosos robots ou facer os vosos propios adornos de Nadal.





POSTAIS DE NADAL


DISFRAZA O BEE-BOT




 https://www.twinkl.es/resource/t-t-23990-new-christmas-santa-bee-bot-jacket

FAI OS TEUS PROPIOS ADORNOS DE NADAL





https://pin.it/1GPWnvO





lunes, 20 de noviembre de 2023

MECANOGRAFÍA

 Na actualidade é importante ser rápido escribindo no teclado, a través destas páxinas o alumnado pode prácticar esta habilidade tan importante hoxe en día.

Animádevos a entrar nelas e veredes que divertido e aprender a escribir rápido no ordenador.















lunes, 13 de noviembre de 2023

POLOS CREATIVOS

Comezamos este ano no cole co programa POLOS CREATIVOS.

A Conselleria dotará este ano a todos os centros da comunidade deste programa.


A través de retos poderemos acadar moitos dos obxectivos que buscamos na escola de forma divertida é lúdica. Traballaremos o pensamento computacional, o DIY, as habilidades STEM.

MES DOS LEGOS NO EUSEBIO: OUTUBRO E NOVEBRO

No mes de outubro na Biblioteca Creativa o adicaremos a traballar e xogar cos Legos Spike e o Coding Express. Os nenos aprenden nocións de programación por bloques e adquiren o seu primeiro contacto cos conceptos básicos de programación de formar lúdica e divertida.


Como tiveron tanto éxito decidimos extender a NOVEMBRO as actividades cos Legos os rapaces e rapazas o pasan en grande.




Deixamos unhas fotos para que veades o ben que o pasan os rapaces.













martes, 17 de octubre de 2023

COMEZAMOS COS XOGOS

Xa comezamos coa Biblioteca Creativa nos recreos dos mércores e xoves. Estas primeras xornadas comezamos cos xogos de mesa para traballar nocións básica de programación. 

Os peques o pasaron moi ben!















NOVO CURSO 2023_2024

Benvidos a un novo curso!



Este ano escolar 2023_24, seguiremos nos recreos coa nosa Biblioteca Creativa e este ano como novidade teremos, como todos os centros de Galicia,  os Polos Creativos. 

Esperamos divertirnos e aprender moito cos nosos robots, xogos e actividades divertidas para desenvolver o pensamento computacional e a creatividade.



viernes, 16 de junio de 2023

O NOSOS RECUNCHO DE BIBLIOTECA CREATIVA

 As nosas rapazas fixeron uns carteis, prácticaron moito a escritura creativa, para indicar onde temos cada cousa no noso recuncho da Biblioteca Creativa.

Deixovos unhas fotos para que veades o gran traballo que fixeron.