MES DA POESÍA

 O 21 de marzo celebrase o Día Mundial da poesía. Nesta data conmemorase unha das formas  máis preciadas de expresión e identidade e lingüística da humanidade. 

A poesía, practicada ó longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador de diálogo e paz.

Foi durante a 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, cando a UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visualización de aquelas linguas que se encontran en perigo.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar os poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e a ensinanza da poesía, fomentar a converxencia da poesía e outras artes como o teatro, a danza, música e pintura, e aumentar a visibilidade da poesía.

Por iso no centro imos a facer poesía cos nosos Makey-Makey debuxando (cun lapis con moito grafito), creando figuras con Play Dot e con camiños de cinta de cobre.







FONTE DO TEXTO: https://www.unesco.org/es/days/poetry