Este mes en Creativos, para celebrar o Día do Libro, realizamos tarxetas cos nosos libros favoritos. Para iso, utilizamos un dos materiais que temos en Polos Creativos: os kits de Complubot de circuitos electrónicos.
Desta forma estamos a traballar dous aspectos importantes:
- A creatividade e unha aprendizaxe práctico: proporcionando ao alumnado unha experiencia educativa enriquecedora.
- Fundamentos básicos de electrónica: permitíndolles construír e comprender circuítos de maneira segura nunha base especialmente deseñada.