martes, 3 de mayo de 2022

INFORMÁTICA SEN ORDENADOR

 INFORMÁTICA SEN ORDENADOR




CS Unplugged é unha colección de material didáctico gratuíto que ensina informática a través de interesantes xogos e quebracabezas coa axuda de cartas, cordas, lapis de cores e moita actividade física.

O seu principal activo é un libro de 243 páxinas con recursos para ensinar programación sen computadores polo medio, e que inclúen exercicios desde a base máis inicial ata alcanzar a comprender o Test de Turing, pasando pola aprendizaxe do código binario ou unha primeira introdución no mundo da algorítmica. Todos os exercicios están expostos de xeito que poidan realizarse de forma sinxela, con apenas papel e algún lapis ou bolígrafo, ou como máximo con fichas que están incluídas. En cada un deles exponse un conxunto de instrucións sobre como expolos, alén de por suposto uns obxectivos e idades mínimas recomendadas.

No noso recuncho da biblioteca temos impreso 


http://csunplugged.org

Fontes:CS Unplugged, recursos para aprender programación en el aula sin ordenadores (educaciontrespuntocero.com)