sábado, 30 de abril de 2022

SCRATCH JUNIOR

 SCRATCH JUNIOR


Scratch  JR é unha ferramenta para iniciar aos nenos de 5 anos de Infantil e mesmo primeiro ciclo de Primaria (entre 5 e 7 anos) na linguaxe de programación por bloques dunha maneira divertida e lúdica.


Scratch  Jr é unha adaptación da linguaxe de programación de  Scratch, na que redeseñaron a interface e a programación para facela máis sinxela, adaptándoa ás características e necesidades dos nenos de infantil e coidando que coincidise co seu desenvolvemento cognitivo, social, persoal e emocional. O seu funcionamento é moi intuitivo xa que a través do encaixe, coma se dun quebracabezas tratásese, de bloques gráficos de programación, os nenos poden crear as súas propias historias interactivas ou xogos.


A través de  Scratch  Jr os nenos non só aprenden a programar senón que ademais aprenden a organizar o seu pensamento, a expresarse, a resolver problemas a través dunha secuencia ordenada de instrucións, desenvolvendo estratexias cognitivas de planificación, organización, análise, representación,… utilizando a lóxica matemática ou a  lectoescritura de maneira funcional e significativa.



FONTE: Scratch Jr: Aprendiendo a programar y programando para aprender - INTEF