sábado, 30 de abril de 2022

PENSAMENTO COMPUTACIONAL

O PENSAMENTO COMPUTACIONAL




No último borrador do Decreto do currículo de primaria aparece o pensamento computacional pero que é iso de pensamento computacional?

Unha das definicións máis coñecidas deste concepto formulouna a primeira persoa en acuñar o termo, a enxeñeira estadounidense  Jeannette Wing. 

O pensamento  computacional é “o proceso de pensamento que intervén na formulación dos problemas e as súas solucións, de xeito que as solucións se representen de xeito que poida ser realizada por un procesador de información” ( Cuny,  Snyder e Wing, 2010).


Wing acuñou o concepto en 2006 e a súa visión da achega que a ciencia informática podía facer deu pé a máis dunha década de investigacións —non só para ese sector, senón para o desenvolvemento do coñecemento humano. Investigacións centradas en trasladar o sistema de pensamento que utilizaría un científico informático á resolución dun problema: aplicar procesos de pensamento lóxico,  sistémico,  algorítmico… para lograr representar as solucións a un problema como secuencias de instrucións e algoritmos.

pensamento computacional é o proceso que permite formular ou resolver problemas do mundo que nos rodea facendo uso de secuencias e instrucións ordenadas (algoritmos) para chegar á solución, isto implica organizar a información, analizala e implementar diferentes solucións ata chegar á máis efectiva e eficaz de pasos e recursos. Por tanto ofrece a oportunidade de desenvolver novas formas de pensar e de expresarse.