lunes, 31 de enero de 2022

LIBROS DE ROBÓTICA

LIBROS DE ROBÓTICA

Na programación e robótica non todo son ordenadores e robots. Cada vez hai máis libros de programación para nenos, por iso neste curso se mercaron para a biblioteca do centro varios libros de desta temática.

Os deixamos os títulos.


HOLA RUBY:  LA AVENTURA DE PROGRAMAR

Hello Ruby naceu nunha campaña de Kickstarter que se converteu nun mega éxito con moita repercusión nos medios. O libro Hello Ruby é unha guía visual de programación con ilustracións moi chulas, pero tamén é un conto onde cada linguaxe de programación é un un personaxe.

Tamén inclúe actividades para facer en casa e unha chea de ideas adicionais na súa páxina web: https://www.helloruby.com/about onde proporciona ferramentas para aprender a programar dunha maneira divertida e creativa. Non vos perdades este libro e a TED talk de Linda Liukas para así coñecela un pouco máis.

Idade recomendada: a partir de 5 anos.



LOS ORDENADORES Y LA PROGRAMACIÓN
Libro con lapelas moi entretido con máis de 100 pestanas para descubrir como se programa. Exemplar de cartón de 16 páxinas para que os máis pequenos aprendan como funcionan os computadores e os fundamentos da programación.

Idade recomendada: a partir de 5 anos (menos se están acompañados dun adulto).



APRENDE A PROGRAMAR

Logo, Scratch, Python, Javascript, HTML… Todo nun libro ben organizado en 4 apartados, con sinxelas explicacións e exercicios con respostas incluídas.
Neste libro, o teu fillo terá o temario dunha materia de programación reunido nun libro. Instrucións, bucles, variables, gráficos, depuración en Scratch, un pouco de HTML, funcións en Javascript… Unha guía visual da programación moi orientada aos nenos.
Idade recomendada: a partir de 7 anos (se están acompañados dun adulto, antes).


¡MIRA DEBAJO! CÓMO FUNCIONA UN ORDENADOR
Da autora Rosie Dickins é un libro con pestanas para que os máis pequenos descubran curiosidades e como funcionan os computadores.



INTRODUCCIÓN A LA PROGRAMACIÓN INFORMÁTICA
Guía visual orientada a que os nenos e adolescentes aprendan os primeiros conceptos de programación e como funcionan os computadores. Editada por DK, teñen un deseño moi coidado e as ilustracións son chulas e ben pensadas.

Introdución á programación informática está dividido en 5 apartados: que é programar, Scratch, Python, como funciona un computador e a programación no mundo real.

Os capítulos máis extensos son os dedicados a teoría e práctica de Scratch e Python. Inclúe o paso a paso de 7 proxectos.

Idade recomendada: a partir de 8 anos (tamén apto para adultos que queiran aprender a programar).